Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dá comezo en Boiro un curso de cociña con prácticas en firmas locais

Participan 10 desempregados, que obterán un certificado de profesionalidade ó rematalo

O Concello de Boiro está levando a cabo o Programa Integrado de Emprego Boiro Emprega, que ten como obxectivo a formación de persoas desempregadas para a súa inserción laboral.

Na mañá deste xoves deu comezo o curso de Operacións Básicas de Cociña que se vai levar a cabo ata decembro no Centro de Formación e Viveiro de Empresas.

Os dez participantes obterán un certificado de profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña, e o curso vai ter unha duración de 270 horas de formación no centro e outras 80 de prácticas en varias empresas da comarca.

O obxectivo é fomentar a inserción laboral nos principais sectores produtivos do Barbanza para promover así a contratación local.

No mencionado plan participan un total de cen persoas desempregadas que están a realizar un plan formativo e de orientación laboral en función dos seus intereses, tendo en conta un itinerario de emprego personalizado.

A formación que se está impartindo ten como finalidade que o alumnado participante obteña os coñecementos e competencias transversais para a procura do emprego.

Na xornada deste xoves impartiuse a primeira clase do citado curso de Operacións Básicas de Cociña, que vai ter unha duración de 350 horas.

O alumnado recibiu previamente formación en aspectos como a manipulación de alimentos, o manexo de carretillas elevadoras, a prevención de riscos laborais ou as competencias dixitais básicas, como márquetin dixital.

09 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.