Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dende mañá derívase o servizo de Pediatría da Pobra a Ribeira e Boiro

A titular da praza está de baixa, e o médico que atende a consulta vai coller vacacións

A Pobra. Os deputados socialistas Noa Díaz e Julio Torrado mantiveron unha xuntanza na Pobra co seu alcalde, Lois Piñeiro, e ca edil de Sanidade, Patricia Lojo, para abordar a problemática da atención pediátrica na vila.

Este servizo é atendido en horario de mañá por un doutor que pasa consulta pola tarde en Boiro, pois a especialista que conta coa praza no ambulatorio pobrense está actualmente de baixa. E a partir de mañá luns o referido doutor collerá vacacións, polo cal as crianzas menores de 3 anos deberán ser atendidas en Ribeira ou Boiro, mentres que os cativos e cativas con idades superiores á indicada serán asumidos pola médica ou médico de cabeceira dos seus proxenitores.

Díaz esixiu á Xunta que garanta a prestación do servizo de Pediatría á veciñanza da Pobra “nos seus propios puntos de asistencia e cos profesionais axeitados”, logo de que a Consellería de Sanidade anunciase que a partir de mañá luns xa non haberá dito servizo e “derivaranse os nenos e nenas de 0 a 3 anos aos centros de saúde de Boiro e Ribeira, mentres que os maiores de 3 serán atendidos por médicos de familia”.

Noa Díaz recalcou que isto “é unha disfunción do servizo”, xa que “non son os profesionais de Atención Primaria os facultativos que deben atendelos” e “este abandono provoca a saturación dos centros de saúde próximos”. s. s.

10 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.