Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dende o BNG ribeirense reclaman que se realicen rozas nos núcleos rurais

RIBEIRA. O BNG solicita ao grupo de goberno mellorar a roza de cunetas das zonas rurais de Ribeira. Explican que “coa chegada da época estival a vexetación crece nas marxes das estradas, corredoiras e camiños” e denuncian que a maleza “ocupa as vías provocando dificultades na circulación de persoas e de vehículos que apenas poden pasar sen raiarse ou ben non se poden apartar no caso de haber un cruzamento de dous vehículos”. Por todo, piden ao Concello de Ribeira un plan anual de rozas. “Cremos que desde a administración local hai que dar exemplo e resulta pouco coherente que se lle esixa ás persoas propietarias de predios que limpen e rocen os seus terreos para evitar incendios mentres non se elimina a vexetación dos espazos públicos”, afirmou ao respecto Luís Pérez Barral, integrante da formación nacionalista. m. t.

05 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.