Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O condutor foi identificado á altura do mirador do Malecón. Foto: C.R.

A Policía Local de Ribeira vén de tramitar dilixencias para someter a xuízo rápido a un veciño do municipio por un delito contra a seguridade viaria. Os feitos presuntamente constitutivos deste delito aconteceron en torno ás 01.20 horas da madrugada deste xoves nas inmediacións do porto ribeirense (á altura do cruce do Malecón ca rúa Romero Ortiz), cando integrantes da patrulla fiscal e fronteiriza da Garda Civil observaron un vehículo circulando a gran velocidade que mesmo invadía nalgún momento o carril contrario. Cando lle deron o alto, constataron que o condutor presentaba síntomas evidentes de embriaguez, razón pola cal se puxeron en contacto coa Policía Local para que fixera as probas de alcoholemia. Os resultados arroxados foron de 0,89 miligramos por litro na primeira proba e de 0,69 na segunda.

17 sep 2020 / 16:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.