Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Denuncian irregularidades nas obras do mercado noiés

Noia. A Marea Cidadá de Noia informou este xoves que vén de recibir a notificación do goberno municipal “na que nega a copia das certificacións de obra á asesoría técnica contratada polo grupo municipal para a fiscalización da obra da praza de abastos que conta con catro reparos da intervención municipal nos que se asegura que non se pode comprobar a veracidade das certificacións”, sinalaron dende o partido.

O voceiro da Marea, Manuel Seijas, insistiu en que “algo grave ten que estar acontecendo cando unha vez solicitada a copia do expediente se paraliza a obra”. Isto, afirmou, “causa un grave prexuízo ás traballadoras e traballadores da praza de abastos”.

Por iso, a Marea anunciou que ao vindeiro pleno levarán unha batería de preguntas ao executivo local relacionadas con este asunto, e que denunciarán o problema á Xunta Consultiva, organismo encargado da vixilancia e control das licitacións públicas.

Aseguran que “a copia e acceso ao control da contratación pública é unha obriga contemplada na lei de contratos, e polo tanto o único que están é gañando tempo para regularizar a situación”. “Unha obra de 833.250 € non se pode realizar deste xeito”, lamentou Manuel Seijas. ecg

20 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.