Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dez mulleres formarán a Rede Lila na Pobra contra a violencia de xénero

A Pobra. A concellería de Igualdade da Pobra e a organización dos San Juerguines (actividade que terá lugar no marco das festas do Carme dos Pincheiros) van poñer en marcha unha serie de accións para contribuír a uns festexos libres de agresións machistas. A edil de dito departamento, Charo Varela; a asesora xurídica da muller, María Pérez; e Alba Pérez, en representación da organización dos San Juerguines, explicaron que catro espazos da localidade estarán habilitados como Punto Violeta con persoal instruído sobre como actuar ante unha posible agresión machista. Será na xornada do 20 de agosto, nun contexto de celebración que inclúe pasabares, Festa da Auga, olimpíada pincheira e música con DJ.

Os establecementos hostaleiros colaboradores son Barquiña, La Embajada e Verocca, así como a barra situada na área do Castelo, que contarán cuns distintivos de cor violeta que acreditan a súa condición de zonas seguras ás que acudir. Outro dos recursos será a Rede Lila, formada por dez mulleres identificadas con panos de cor morada que prestarán a súa axuda de ser preciso.

Tamén se repartirán dípticos informativos co decálogo contra a violencia sexual e recursos telefónicos, ademais do proxecto piloto consistente na distribución dunha serie de adhesivos a modo de tapa para os vasos como medida contra a submisión química. Son dun só uso para así advertir se o recipiente foi manipulado unha vez servida a consumición. suso souto

17 ago 2022 / 19:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.