Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Ames repartiu plantas multicor // Pasos de peóns en Boiro e Carballo // Loce a bandeira de cores a fachada da casa do concello en Boqueixón TEXTO Xián Pensado

Día do Orgullo LGTBIQ medio século despois dunha represión

O 28 de xuño de 1969 tiñan lugar unha serie de disturbios no entorno de Stonewall (Nueva York, EEUU) despois dunha redada policial no pub de ambiente LGTBIQ+ Stonewall Inn. Dende aquela, todos os países civilizados celebran a integración e a fin da discriminación contra as lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais e queers. E os municipios de Área non foron excepción, pendurando bandeiras por doquier e organizando actos de orgullo social.

Un destes concellos que este luns avogaron pola integración foi o da capital maiá, onde a concellería de Igualdade se sumou á conmemoración desta data a través da campaña Ames en Igualdade. Así, pola mañá repartíronse 600 plantas con flores das cores da bandeira tanto nos locais sociais do concello como en Milladoiro e Bertamiráns, mentras que pola tarde leuse o manifesto e actuou A Rabela, rapeira e regueifeira pontevedresa coas ideas claras.

Lalín viviu unha fin de semana cargada de Orgullo LGTBI e concertos como o de de Elba Souto, unha artista que está rompendo dentro do panorama galego, e tamén destacou o concerto de The Show Bass. Como presentador actuou Enfant Bello que recorreu os distintos escenarios tanto da Rúa Rosalía como da Praza da Igrexa. Tamén houbo a aportunidade de disfrutar dun proxecto de rock and roll e rockabilly de Mad Martin e Le Barluthier, que é unha proposta moi curiosa; como un piano-bar con jazz en directo.

En Boiro, o Concello realizou o pintado dun novo paso de peóns coas cores da bandeira LGTBIQ en Cabo de Cruz, a carón do edificio no que fai uns días apareceron na fachada e nun lateral pintadas homófobas contra un veciño por dar visibilidade aos dereitos deste colectivo colocando na xanela a bandeira da diversidade sexual.

Tamén a asociación Amicos se sumou á celebración do Día Mundial do Orgullo LGTBIQ no seu Centro de Atención Integral boirense pintando a bandeira da diversidade sexual nunha das súas paredes.

En Ribeira proxectouse no consistorio un vídeo de oito minutos de duración gravado por Julia Alonso en Talavera, o lugar onde reside, e co que quixo alzar a voz no nome de todas as persoas transexuais no seu pregón. O programa continuou despois coa actuación musical de Astrogirl na praza consistorial.

En Carballo, pasos de peóns e contedores de cores simbolizan os valores que o Concello quere compartir con toda a veciñanza: diversidade, respecto, igualdade, tolerancia, amor e paz. Pola súa banda, Camariñas vén de publicar entrevistas a tres expertas e especialistas en xénero e igualdade, que se poder na web www.camarinas.net, e en Vimianzo a concelleira María José Pose entregoulles pulseiras aos alumnos e alumnas do obradoiro de emprego. E en Cee, o Concello instalou un banco pintado coas cores da bandeira LGTBQI.

Boqueixón tamén se sumou a esta significativa data. É por iso que o consistorio loce na súa fachada a bandeirola coas cores do arco da vella. A fin é “visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade, independentemente da orientación sexual e identidade de xénero”, din.

28 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.