Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diploma para o Poeta Añón pola participación no certame Xurxo Lobato

OUTES. Estudantes do IES Poeta Añón de Outes participaron esta semana na entrega de premios do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, organizado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos. Os outenses Cibrán Piñeiro Martínez e Daniel Mayo Leis foron finalistas coas fotografías Muralla de Lugo e Beatus elle, ventajas de una vida tranquila respectivamente, recibindo o primeiro deles unha mención especial por ser o participante máis xoven desta edición (12 anos). Destacar que competían con máis de cen persoas maiores que cursan estudos no ámbito audiovisual. Ademais, o Poeta Añón alzouse co diploma especial por ser o instituto con máis participantes. Este ano ao certame Xurxo Lobato presentáronse 149 alumnos de vinte e nove centros de ensino de quince cidades e vilas de Galicia, con máis de 440 instantáneas. m. c.

07 may 2021 / 18:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.