Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dotan de saneamento varios puntos do núcleo de Oleiros

As obras acométense nos lugares de Canabeiro e Os Muíños // Ambas son financiadas a través do POS+ e suman 344.269 €

O Concello de Ribeira informou do inicio das obras para dotar de servizo de saneamento municipal ao lugar dos Muíños, situado na parroquia de Oleiros, que implicarán a instalación de case dous quilómetros de tuberías. Os traballos están sendo realizados por Marqués de Marancán, S.L., e comportan unha inversión económica de 237.308 €, IVE incluído.

Instalaranse 1.557 metros de tubería de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro; 34 pozos de 1,70 metros de profundidade; 2 pozos de 3,70 metros de profundidade; e 342 metros de tubaxe polietileno de 75 milímetros de diámetro.

Así, a través dos colectores de PVC conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará unha estación de bombeo, previa instalación dunha arqueta de entrada. Dentro do pozo de bombeo haberá dúas bombas trituradoras mergullables, xunto coa caldeirería e valvulería correspondente. Dende alí impulsaranse as augas fecais a través dunha tubaxe de polietileno ata a súa conexión coa rede xeral de Gándara.

As obras, que están adscritas ao POS+2019 da Deputación, teñen un período de execución de cinco meses.

Por outra banda, neste mesmo núcleo, o Concello vén de iniciar unha actuación destinada á instalación de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Canabeiro.

A zona en cuestión carece de saneamento municipal, razón pola cal se vai instalar unha tubería de SN4 de 315 milímetros de diámetro e 515 metros de longo máis outra por un ramal cunha lonxitude de 260 metros. Tamén se disporán 21 pozos de rexistro: 14 na liña xeral e 7 no ramal.

A través destes colectores conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas de caudal unitario 34,92 m3/h. De aquí as augas impulsaranse a través dunha tubería de polietileno de alta densidade ata conectar coa rede xeral.

A actuación, que está adscrita ao POS+2021, está sendo executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L., comportando un investimento de 106.961 euros. O prazo de duración é de catro meses.

19 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.