Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dotan de soleira e fan a drenaxe no exterior do CEP Salustiano Rey

Instalouse unha nova canalización dende a pista deportiva ata o exterior do colexio

A Pobra. O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da concellaría da Educación, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), emprendeu varias accións no exterior do CEP Salustiano Rey Eiras.

A actuación principal consistiu na formación dunha soleira na entrada do campo coa preparación do terreo e a súa compactación, na colocación dos bordos para a xardineira, nas instalacións da tubaxe de drenaxe para a evacuación de auga da área, na dotación dunha malla intermedia, na formigonaxe e no acabado rugoso.

Os traballos foron executados pola empresa Construcciones Fariña y Lobeiras S.L. e contaron cun investimento de 6.246 euros, IVE incluído.

Así mesmo, efectuouse o cambio da canalización do desaugadoiro dende a pista deportiva ata o exterior do recinto do centro educativo.

Concretamente, instalouse unha tubaxe de PVC (serie B), coa subministración dunha escavadora para a apertura e a tapadura da gabia, ademais do establecemento de tres arquetas de plástico.

Neste caso, o investimento ascendeu a 1.761,76 euros, IVE incluído, e a intervención realizouna a firma Elektro Batalla. O executivo local destacou a importancia destas obras, moi demandadas pola comunidade educativa. s. s.

30 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.