Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Durán acusa ó alcalde Lois Piñeiro de “desmantelar” a Policía Local

A Pobra. O portavoz do PP da Pobra, Manuel Durán, denuncia a “grave situación de inseguridade que estamos vivindo no municipio”, con só dous axentes da Policía Local en activo, e da que responsabiliza ó alcalde, Lois Piñeiro, pola súa “irresponsabilidade e incapacidade de xestión”.

O edil culpa ó rexedor de ir “desmantelando” o corpo policial ó deixalo “sen medios humanos e materiais”.

Durán lembra que “xa en 2018 éramos coñecedores de que cando a entrara en vigor o Real Decreto 1449/2018, o cal establece que os membros da Policía Local adianten a idade ordinaria de xubilación, se ían producir cinco xubilacións (catro axentes e o xefe)”.

Neste sentido, considera que “a falta de planificación deste goberno supón que aínda sendo coñecedores desta situación, as prazas a día de hoxe aínda non foran convocadas nin durante 2018, nin en 2019 nin mesmo en 2020, cando, a pesares de coincidir coa pandemia, o oito de xullo convocouse pola Xunta de Galicia o proceso de selección para cubrir as prazas solicitadas polos concellos”.

O edil popular engade que “o único responsable de que, despois de máis de dous anos, teñamos seis policías locais menos, é o alcalde”. s. s.

20 feb 2021 / 13:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.