Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Empezan a fluír en Boiro as cento setenta axudas do ansiado Pel-Reactiva

BOIRO. O Concello de Boiro aprobou este mércores unha parte dos pagos das axudas do Pel-Reactiva que concede co financiamento da Deputación da Coruña. Nos vindeiros días comezaranse a facer efectivos. As axudas ascenden a 334.000 €, que recibirán os 170

empresarios e autónomos locais que puideron xustificar gastos de compra de material antiséptico, produtos hixiénicos e de limpeza; gastos de arrendamento e canon, como maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación ou adaptación de locais ás medidas fronte á COVID; primas de seguros ou subministracións. As axudas repartíronse a microempresas e autónomos (151 beneficiarios e 297.500 €); negocios cuxa facturación no segundo trimestre se vise reducida un 75 % (14, por 24.000 €); e afectados por ERTE (cinco

beneficiarios e 12.500 €). S. S.

07 abr 2021 / 13:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.