Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En dez anos, a aula Cemit de Boiro formou a máis de oito mil usuarios

Nas súas actividades rexistráronse 2.377 persoas, e nese tempo impartiu 805 cursos

Boiro. A aula Cemit de Boiro (ubicada no centro social) cumpre dez anos ofertando formación no eido tecnolóxico para persoas de todas as idades. Nesta década de traxectoria rexistráronse un total de 2.377 persoas e unhas 8.060 participaron en actividades relacionadas cos 805 cursos formativos propios que se levaron a cabo.

Na aula leváronse a cabo uns 135 exames certificados ademais doutras actividades externas para as que se empregaron as instalacións.

A instalación amplía a oferta de cursos de formación para os meses de marzo e abril con xornadas presenciais.

No presente mes de marzo vaise impartir un curso presencial de manexo básico do teléfono móbil, que será do 21 ao 24, de 10.00 a 12.30 horas. Este curso complementa á formación en modalidade online. Ademais, a mencionada instalación ten xa abertas as inscricións para participar nun ciclo de charlas informativas que se van levar a cabo durante o mes de abril. O día 1, de 10.30 a 11.30 horas, será a charla titulada Que é a administración electrónica?; o día 19, de 12.00 a 13.00 horas, Compras seguras por Internet; e o día 26, de 12.00 a 13.00 horas, Nova tarifa de luz. Coñécea e aforra na túa factura!

Asimesmo, do 25 ó 29 de abril vai ter lugar un curso de inicio á informática e Internet, de 10.00 a 12.30 horas.

As persoas interesadas en obter máis información ou en facer as inscricións poden enviar un correo electrónico ó enderezo axentetic@boiro.org ou chamar ó número de teléfono 981 842 635. s. s.

10 mar 2022 / 14:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.