Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen un tope semanal de capturas para a sardiña ibérica

A Asociación Cerqueiros Galegos e a Sociedad Cooperativa Gallega del Mar O.P.P. de Ribeira reclaman á Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o establecemento dun tope de capturas semanal para a pesquería da sardiña ibérica. Ambas organizacións manifestan a súa sorpresa porque, unha vez publicada a resolución pola que se establecen disposicións de ordenación das capturas desta especie en augas ibéricas das zonas CIEM 8C e 9A, “a administración pesqueira fixo oídos xordos a unha das principais reivindicacións do sector”, indican.

Ambas organizacións teñen constancia de que a maioría de entidades e asociacións de cerco do Cantábrico presentaron alegacións ao borrador proporcionado no seu día pola Secretaría Xeral nas que se facía unha clara petición de establecemento de tope semanal. “Existe un interese xeral por parte da frota de cerco de toda a franxa do Cantábrico na aplicación desta medida de xestión en aras, non só de obter uns mellores rendementos económicos, senón tamén de preservar a especie”, indican nun comunicado.

Neste sentido, solicitan á Secretaría Xeral de Pesca que atenda a petición “dunha amplísima maioría das organizacións do cerco, toda que vez que adoita publicar as súas resolucións coa coletilla de oído o sector, e estableza un tope semanal das capturas de sardiña. A realidade é que a Secretaría non está a escoitar ao sector”.

03 may 2021 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.