Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen unha cobertura de telefonía “digna” para o rural de Lousame

Explican dende o PSOE que “hai veciños que teñen que saír das vivendas para falar”

Lousame. Os socialistas de Lousame esixen a adopción de medidas urxentes para que “as zonas rurais do concello teñan cobertura de telefonía móbil e internet”. Explican que actualmente “hai veciños que teñen que saír das súas vivendas e moverse unha distancia considerable para poder falar por teléfono, unha situación moi perigosa sobre todo pola xente maior que vive no rural, que nin pode avisar unha ambulancia se a precisan”.

A socialista lousamiá, Beatriz González, asegura que levan “moito tempo con este problema; non podemos pretender que a xente viva no rural se non ten uns bos servizos”, engade ao respecto.

Desde o PSOE de Lousame comentan que durante o confinamento, as familias con nenos e nenas en idade escolar recibiron un router portátil para poder seguir o curso e as tarefas, “pero foi unha solución provisional, as parroquias necesitan unha cobertura digna”, afirma González.

Por todo o exposto, os socialistas demandan solucións. “Fálase do 5G pero aquí en Lousame non temos nin 3G; a telefonía é un servizo básico”, conclúen. m. c.

16 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.