Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formoso defende ó sector mar-industria como centro para a xeración de emprego

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu este xoves a continuidade das empresas do sector mar-industria radicadas na costa “polo seu carácter estratéxico e como centro de xeración de emprego”. Así o dixo durante a visita á planta de Stolt Sea Farm en Lira, concello de Carnota, xunto co alcalde, o socialista Juan Manuel Saborido.

Formoso sinalou que a pesca “é un dos sectores estratéxicos a protexer” como centros de xeración de emprego no ámbito rural-costeiro. Subliñou que “o apoio do PSdeG á produción pesqueira de Galicia pasa por apoiar a presenza de instalacións que necesariamente teñen que estar no dominio público marítimo- terrestre”. O responsable socialista salientou que “cada día o estamos reclamando” os socialistas galegos “cada día dende as instancias onde se toman estas decisións e dende as institucións nas que estamos presentes”.

Neste sentido, reiterou a aposta dos socialistas galegos por que Galicia xestione a competencia no dominio público marítimo-terrestre pola, dixo, “sensibilidade que se poida ter sobre unha bateeira unha redeira ou unha instalación” sempre será maior dende Galicia que “a que teña un dirixente político dende o Paseo da Castellana”.

Sinalou que esta reclamación “debe concretarse cunha reforma do Estatuto de Autonomía que lle permita a Galicia ter mecanismos que lle permitan ser unha Galicia de futuro”. Esta modificación garantiría “posibilidades e marxe de manobra lexislativa para ter unha lexislación que estea de acordo cos intereses xerais nos sectores produtivos galegos”, asegurou.

Valentín González Formoso visitou este venres a planta de Stolt Sea Farm radicada en Lira que, sinalou, “fora pioneira no seu momento, e hoxe é unha das máis importantes do sector piscícola a nivel europeo”.

visitas. O Concello carnotán e Stolt Sea Farm asinaron hai uns meses un convenio de colaboración para pór en marcha un programa de visitas guiadas polas súas instalacións co obxectivo de dar a coñecer entre os escolares do municipio o proceso de cría e manufacturado dos peixes cos que traballan.

21 jul 2022 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.