Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Fran Rei trae a Ribeira ‘O conto de Barriga Verde’, para público familiar

RIBEIRA. O Concello de Ribeira programou para esta fin de semana tres actividades culturais. Este venres ás 20.00 horas o escritor local Antonio Piñeiro presentará no auditorio a súa obra Celada, ca que gañou a sétima edición do Certame Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. O sábado a mediodía, no centro cultural Lustres Rivas, desenvolverase a función contacontos Contos para derreter cera, de Alba Grande, dirixida a nenos e nenas a partir dos tres anos. E ás sete da tarde, no pavillón de Palmeira, terá lugar o espectáculo familiar O Conto de Barriga Verde, de Fran Rei, especialmente destinado tamén aos nenos e nenas maiores de tres anos. Ao igual que no caso anterior, as persoas interesadas deberán formalizar a súa reserva enviando un correo a normalizacion@ribeira.gal. S. Souto

29 abr 2021 / 16:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.