Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Fraxilidade’ chega á casa da cultura da vila pobrense

a pobra. Unha nova exposición pictórica recala dende o venres e ata o 29 de xullo na casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal. Un total de 22 cadros integran a colección Fraxilidade, de Manuel Rodríguez Varela, mediante a cal o autor reflexiona sobre esta condición que posúen moitos aspectos da vida en xeral. Durante o acto inaugural, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, felicitou ao artista por esta serie que transmite tamén a necesidade de valorar o cotiá e a importancia de que o ser humano amose a súa verdadeira esencia. A mostra pode contemplarse de luns a venres en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas. m. c.

02 jul 2022 / 18:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.