Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iniciativa do BNG para mellorar as conexións da área de Muros-Noia

Din que a adhesión á área metropolitana compostelá está aprobada dende 2015

Noia. A deputada do BNG, Rosana Pérez Fernández, presentou onte na estación de autobuses noiesa unha proposición non de lei para a mellora do transporte colectivo na área de influencia da ría de Muros e Noia.

A nacionalista remarcou que “dende todos os concellos vense poñendo de manifesto este problema” e lembrou que, no caso do de Noia, “a solicitude de tramitación para a adhesión á área metropolitana compostelá está aprobada dende o ano 2015”; e que o propio parlamento galego acordou, unanimemente, no ano 2017, “iniciar un estudo para incluír á localidade na área de transporte metropolitano de Santiago”.

Dende o partido indican que isto suporía, para os veciños e veciñas, “un avance significativo en canto á mellora da oferta de servizos, aumentando a cantidade de viaxes diarias e a posibilidade de que máis viaxes sexan directas, polo corredor”e, por outro lado, “un avance que tamén se faría notar nos prezos, reducíndose dun xeito importante o custo do billete”.

Outra das eivas que pretende mellorar a proposta do BNG é a da “desconexión” desta zona coa comarca da Barbanza, “áreas que gardan unha relación histórica, económica, social e, sobre todo, laboral”. “Esta conexión se convirte en inexistente nas fins de semana”, engadiu. m. c.

23 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.