Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Instan á Xunta a iniciar o plan de saneamento da vila noiesa

Noia. O grupo municipal socialista rexistrou para o seu debate no pleno ordinario de xuño unha moción para instar á Xunta de Galicia a iniciar a reforma do Plan Director de Saneamento de Noia. “Como representantes dunha cidadanía que vive principalmente do mar, debemos solicitar ás autoridades competentes que cumpran ca súa función e, dunha vez por todas, fagan todo o posible para acadar o saneamento integral de toda a ría de Noia”, argumentan.

Os socialistas consideran que “ampárannos razóns medioambientais e económicas, e tanto a nivel marisqueiro como turístico non podemos permitir que siga pasando o tempo e vendo como as administracións non solucionan unha cuestión que a cidadanía non pode aceptar, como é que a nosa praia non sexa apta para o baño e non fagamos nada para remedialo”.

Por todo isto, o PSOE de Noia presenta unha moción cos seguintes acordos: instar á Xunta de Galicia a iniciar o proxecto da identificada como solución número tres no Plan Director de Saneamento de Noia, e a súa inclusión nos orzamentos do ano 2023; e solicitar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o encargo dun estudo da contaminación na desembocadura do río Tambre. m. c.

23 jun 2022 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.