Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Invitan a coñecer gratis as medidas ante a COVID da piscina rianxeira

Pódese usar tres días sen custo este mes, e ofrécese aos veciños a matrícula de balde

Rianxo. A piscina municipal de Rianxo, xestionada por Aquafit, anima a evitar o sedentarismo provocado pola pandemia, coñecendo a adaptación das instalacións á normativa excepcional que se foi implantado pola COVID.

Xunto ás medidas propostas polas administracións, o centro deportivo reforzouse con outras para garantir unha práctica deportiva segura no complexo: control do límite máximo de persoas para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre usuarios; reforzo en hixiene, limpeza e desinfección;

a toma de temperatura no acceso; a renovación constante de aire e a desinfección continua de filtros de ventilación; os puntos de desinfección de calzado; a multitude de estacións de xel hidroalcohólico para mans ou o horario preferente para maiores de 65.

Durante este mes, Aquafit ofrece probar as instalacións rianxeiras durante tres días e comprobar as medidas aplicadas. Ademais, facilita a inscrición con matrícula gratuíta e pon ao dispor dos veciños de Rianxo a páxina web aquafit.es/movete na que poder descargar unha guía para comezar a facer deporte. s. s.

25 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.