Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Os integrantes da asociación levan máis de sete anos elaborando as cestas de Navidad da empresa conserveira // Agradeceron o xesto entregando á corporación un cadro feito por eles

Jealsa levou agasallos aos colaboradores de Amicos

Amicos recibiu o pasado mércores 22 a visita de Margarita Hermo, Directora de Relacións Institucionais da Corporación Jealsa ao seu Centro de Atención Integral. O motivo principal da visita foi realizar a entrega de cestas navideñas a todas as persoas con discapacidade que axudan na Fábrica Social de Amicos na elaboración dos agasallos que Jealsa entrega nestas fechas aos seus empregados.

Margarita Hermo sinalou que “se hai algo que caracteriza o Nadal son os agasallos e dende fai sete anos os agasallos de Jealsa teñen un compoñente especial”. Tamén engadiu que “as caixas que entregamos aos nosos compañeiros levan unha mensaxe de solidaridade, de integración e colaboración con persoas con discapacidade”.

A Representante da Corporación Jealsa aproveitou a ocasión para agradecer a todo o equipo de Amicos a súa colaboración e traballo e en particular, aos colaboradores na elaboración das 4.500 cestas navideñas “polo mimo e cariño que poñen”.

Na Fábrica Social, situada nas instalación do Centro de Atención Integral da Asociación, as persoas con discapacidade elaboran, cada ano, as cestas que a Corporación Jealsa entrega aos seus empregados polo Nadal. Por esa razón e para mostrar o seu agradecemento, Margarita Hermo entregou algunhas de estas caixas a todas as persoas que colaboran na súa preparación.

Ramiro Lueiro, participante na actividade e María Pérez Sánchez, Técnica de Desarrollo Responsable da Fábrica Social, explicaron aos membros da Corporación Jealsa os detalles da elaboración das cestas navideñas: “Primeiro, montamos as caixas, poñemos o cordón e as latas colocados nun orden determinado e péchanse”.

Ademais, Miguel Beiro, Responsable da Área de Emprego e Empresas da asociación Amicos, quixo aproveitar a oportunidade para agradecerlle á corporación Jealsa a súa colaboración que “veñen prestando de xa fai 7 anos” e invitounos a seguir na mesma liña “durante moito tempo”. Ademáis, sinalou que “para nós é unha honra e un pracer poder colaborar con Jealsa porque entendemos que podemos aportar un valor social a un agasallo de Nadal”. Os integrantes de Amicos tamén mostraron o seu agradecemento entregando a Margarita Hermo un cadro feito por eles.

AXUDA. A entidade naceu en 2006 coma unha organización sen ánimo de lucro que busca mellorar a calidade de vida, tutelar e protexer ás persoas con discapacidade, orfas ou que se encontran nunha situación de desprotección. A fundación traballa para influir no cambio social sostible e a largo prazo nas áreas máis vulnerables mediante servizos de tutela, asesoría xurídica, atención ás familias e emprego.

24 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.