Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Kracia, mellor proxecto emprendedor do ano

Boiro. A Fundación EOI-Escuela de Organización Industrial, entidade dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e primeira escola de negocios de España, decidiu galardoar á cooperativa xuvenil Kracia, con sede en Boiro, como Mellor Proxecto Emprendedor do Ano.

Kracia, formada por 5 mozos e mozas cooperativistas das comarcas do Barbanza, Sar, Muros e Noia, é froito da formación en Márketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo organizada pola Fundación Paideia Galiza, a Deputación e a Fundación EOI–Escuela de Organización Industrial, coa colaboración dos concellos de Boiro e As Pontes de García Rodríguez e a financiación do Fondo Social Europeo, entre os meses de setembro e decembro de 2021.

O xoves Kracia recibiu esta distinción de mans da Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, acompañada de Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia, e Federico Linares, presidente de EY España.

Dita acción formativa, dirixida a mozos desempregados menores de 30 anos, é unha iniciativa conxunta da Fundación Paideia Galiza, a Deputación da Coruña e a Fundación EOI, pola que se procura mellorar a empregabilidade da mocidade galega, creando oportunidades a través de modelos de traballo cooperativo no sector do Márketing Dixital. m. c.

15 jul 2022 / 20:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.