Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame abre este luns o prazo de inscrición na Ludoteca de Verán

Lousame. O Concello de Lousame abrirá do 6 ó 10 de xuño o prazo de inscrición na súa Ludoteca de Verán, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Integrada no programa Lousame Concilia, a Ludoteca de Verán está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, entre as 09.30 e as 14.30 horas.

Os prezos non varían con respecto a anos anteriores. No caso das familias que opten pola inscrición para todo o verán, o prezo será de 15 euros ó mes. As interesadas en que o cativo participe nunha única semana ou en días soltos, se hai prazas, o prezo será de 2,5 euros por día. s. s.

04 jun 2022 / 13:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.