Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame anima aos seus veciños a frear o feísmo nas vivendas privadas

lousame. O Concello de Lousame informou de que dende o pasado mércores 18 de xaneiro xa se poden solicitar as axudas da Xunta de Galicia “para corrixir impactos paisaxísticos no exterior de vivendas e construcións privadas –como muros de peche, por exemplo– producidos polo paso do tempo ou por unha mala conservación”, sinalaron. As axudas ascende ata aos 3.000 euros e o prazo de solicitude está aberto ata o 17 de febreiro na sede electrónica do Goberno autonómico (https://sede.xunta.gal/portada). Dende o executivo municipal, que encabeza a popular Teresa Villaverde Pais, animan aos veciños e veciñas interesadas a informarse o antes posible, “pois son axudas de carácter non competitivo, é dicir, que as primeiras persoas en presentar as solicitudes levan os cartos, sempre que cumpran os requisitos”. a. pérez

22 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.