Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame anuncia que vai instalar tres centros de compostaxe comunitaria no municipio

Lousame. O Concello de Lousame informou de que está a seleccionar a localización dos tres centros de compostaxe comunitaria que se instalarán no municipio proximamente. En principio, segundo indicaron, prevese que os principais usuarios destes centros sexan os grandes produtores de restos de comida no municipio, tales como o CPI Cernadas de Castro e restaurantes.

A maiores, a administración local vai adquirir unha biotrituradora móbil para xestionar os restos de poda que se xeran no municipio e repartirá entre a veciñanza un total de 175 composteiros domésticos. As persoas interesadas en solicitar o seu poderán facelo de forma gratuíta no Concello. Ademais, as persoas inscritas recibirán unha formación sobre a súa montaxe e uso.

Finalmente, está tamén prevista a realización dunha visita de seguimento a cada unha das vivendas obxecto de actuación do programa. Esta visita está programada para realizarse no próximo outono e, durante o transcurso da mesma, o persoal técnico responsable do proxecto resolverá as incidencias detectadas, así como as dúbidas que se lle formulen dende a veciñanza. m.c.

12 sep 2022 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.