Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame aproba crédito para licitar obras do POS

Lousame. O pleno municipal de Lousame celebrou na noite do xoves unha sesión plenaria extraordinaria e urxente na que aprobaron por unanimidade un crédito extraordinario por un importe de 313.805 euros, para financiar os gastos da licitación de obras dos POS 2019 e 2020.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, explicou que con estes cartos poderanse sacar a licitación un proxecto correspondente ao ano 2019 e que inclúe 4 actuacións: pavimentación en Béxeres, do camiño Silva-Seoane, do acceso ao club de xubilados dende a CP-4201 e melloras dos accesos a Vilar de Reconco. Polo que respecta aos do ano 2020, inclúese o acondicionamento da vía entre Vilacoba e Vilar de Recouso ou a mellora das entradas a Pousada desde a estrada de Portobravo a Tállara, así como a Merelle, entre outras.

Finalmente, a Corporación deu luz verde, tamén por unanimidade, a unha modificación na ordenanza fiscal reguladora da taxa do PAI para introducir unha bonificación do 100% para o segundo e sucesivos irmáns a aquelas familias que xa tiveran un fillo no PAI ou en calquera estadio do sistema educativo. m. c.

17 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito