Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame avanza no plan de emprego feminino

Lousame. Últimas prazas para participar en Xeración 20=22, un programa gratuíto de promoción da empregabilidade feminina que se vai desenvolver en Lousame ata finais de ano. A iniciativa está dirixida a mulleres de Lousame, de idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos, co obxectivo de que “lles sexa máis fácil acceder ao mercado laboral”, explica a alcaldesa Teresa Villaverde.

O primeiro dos seminarios, Motivación para a busca de emprego, terá lugar do 12 ao 23 de setembro, en horario de 9.30 a 12.30 horas, na aula de informática da casa da cultura. Será unha formación eminentemente práctica e personalizada que, ao longo de 30 horas, buscará formar ás mulleres participantes en habelencias para a busca de emprego, ferramentas para a busca dun posto de traballo e como preparar unha entrevista de traballo.

As inscricións poden formalizarse nos Servizos Sociais ou chamando ao 981 820 494. Para os próximos meses quedan outros dous seminarios: introdución á informática e ás novas tecnoloxías e fomento do autoemprego e apoio ás mulleres emprendedoras de Lousame. m.c.

07 sep 2022 / 19:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.