Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame recupera a tradicional homenaxe a Prudencio Romo no campo de San Roquiño

No festival, fixado para este domingo ás 18.00 horas, tocará a banda local e tamén a de Rianxo e Cee

Lousame. A banda de música de Cee, a banda de música de Rianxo e a banda de música de Lousame protagonizan a décimo cuarta Homenaxe a Prudencio Romo, que terá lugar este domingo 18 de setembro, ás 18.00 h, no campo da festa de San Roquiño. Un festival que foi presentado fai uns días en Lousame pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; o director da Banda de Música de Lousame, Fernando Froján; a presidenta da Asociación Prudencio Romo, Isabel Molares; e os técnicos de Cultura lousamiás, Eduardo Agraso e Teresa Baluja.

“Decidimos participar activamente na organización desta edición, na que retomamos o programa de tres bandas”, explicou o técnico de Cultura, Eduardo Agraso, destacando que participan grupos da zona, co obxectivo de fomentar a cultura. Así a colaboración entre as bandas e o Concello foi crucial para levar adiante o evento, tras dous anos de parón pola pandemia sanitaria.

Con pasodobres ou sons de mambo, o programa deste domingo consta de música de altos grados que “seguro vai gustar ao público”, asegura Fernando Froján, director da banda de música de Lousame. Trátase de “buscar obras que sexan atractivas e non demasiado largas para que a veciñanza goce do espectáculo”. Entre eses temas que se interpretarán figuran dende o Mambo 5, La Bamba, Tequila ou a banda sonora de La la land a temas máis clásicos como a Marcha Eslava de Tchaikovsky.

A concelleira de Cultura de Lousame animou a pequenos e grandes a vir este domingo e “empaparse da música e da cultura” nesta homenaxe a Prudencio Romo. De feito, agardan que o bo tempo acompañe esta celebración para comezar a traballar xa na seguinte edición, que será a número quince. m. c.

17 sep 2022 / 19:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.