Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame rendeu contas do conseguido en materia de igualdade nos últimos meses

Lousame. A concelleira de Igualdade lousamiá, Silvia Agrafojo Filgueira, presidiu o pasado venres a oitava reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame, na que deu conta das actuacións previstas polo Concello dirixidas á sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres.

Na sesión tamén participou María Isabel Álvarez García, xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller en A Coruña; Pilar Cobas Cajuso, directora do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Avelino Rivadulla Iglesias, garda civil encargado das vítimas de VIOGEN; Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; e Mónica Castaño, técnica da Concellería de Igualdade.

No encontro, os participantes realizaron unha exposición do traballo desenvolto en materia de prevención da violencia dende a súa entidade na área de Lousame. Así, no último exercicio o Concello colaborou na difusión das distintas campañas desenvoltas pola Deputación da Coruña e polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, entre outras. Recentemente tamén impulsaron dúas actividades: a Árbore do bo trato e o Entroido en Igualdade.

Asemade, a edila aproveitou para anunciar que a administración local vai levar a cabo, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, a segunda edición do programa Lousame Coeduca, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Esta batería de actividades de sensibilización diríxese á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades, que fomenten a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, o bo trato, e a mellora da convivencia familiar e escolar.

Agrafojo explicou que nesta reunión púxose o foco sobre “a importancia da educación como ferramenta para erradicar a violencia de xénero das nosas sociedades. Unir as nosas forzas é imprescindible para poder dar unha resposta coordinada, aportar solucións e fomentar a igualdade en todos os eidos”.

Durante esta xornada, tamén se abordou a nova edición do Lousame Concilia Verán, un servizo que promove a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de xullo e agosto. Proximamente anunciaranse as datas exactas para a reserva de praza.

Finalmente, a mesa acordou convocar a vindeira xuntanza ordinaria o 12 de novembro. m.t.

24 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.