Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame reunirá aos ilusionistas Teto, Dani García e Fani Triana

Arranca o domingo o ciclo Festimaxia na casa da cultura // Inclúe un obradoiro de igualdade

A quinta edición do Festimaxia de Lousame contará coa participación de tres prestixiosos magos: Fani Triana, Mago Teto e Dani García, que encherán de maxia e bo humor a casa da cultura Santeiros de Chave durante os tres próximos domingos. Como en anteriores edicións, a entrada será de balde, se ben polos protocolos anticovid o aforo será máis limitado e haberá que reservar a entrada chamando ó 981 82 57 80.

A ilusionista Fani Triana será a encargada de abrir esta edición co espectáculo Igualdade, onde estás?, en defensa da igualdade de xénero a través da maxia. Así, a protagonista será Esperanza Marzal, unha muller nada un 8 de marzo de 1975 que desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, acabar con todo tipo de violencia de xénero... E, como ve que iso aínda non é real, irá á súa procura utilizando a maxia e o humor.

A cita será este domingo ás 18.00 horas. Previamente, ás 17.00, terá lugar unha actividade complementaria: un obradoiro de igualdade impartido por O Compás do Barbanza. Terá unha duración duns trinta minutos e todos os nenos e nenas que asistan levarán un agasallo relacionado coa maxia. Para participar só é preciso reservar entrada chamando ó 981 82 57 80, aínda que non é obrigatorio para poder presencialo.

De feito, de ter moita demanda, o Concello programaría máis sesións deste taller coincidindo coas outras dúas actuacións do Festimaxia.

Outro que volverá a Lousame será o Mago Teto, que o domingo 22 de novembro, ás 18.00 horas, traerá novamente o seu premiado espectáculo Alquimia, unha actuación dirixida a un público familiar, a partir dos sete anos, na que o artista experimenta con auga, terra, lume e aire na busca da pedra filosofal.

Finalmente, o domingo 29, tamén ás seis da tarde, Dani García pechará a programación do V Festimaxia coa súa primeira actuación no municipio. O ilusionista porá sobre o escenario da casa da cultura o espectáculo Don Gelai, que mestura maxia e humor coa participación activa de todas as persoas que asistan, xa que é de carácter familiar.

11 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.