Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame rinde contas na mesa local fronte á violencia

Lousame. A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, presidiu este venres a undécmia reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame. Unha reunión na que participaron Pilar Cobas Cajuso, directora do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Ana María Lema Rama, do posto da Garda Civil de Noia (equipo Vioxen); Julia Veiro Justo, psicóloga do CIM de Noia; Ángela Mª Costa Santos, enfermeira no centro de saúde de Lousame; Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; e Mónica Castaño Ourille, técnica da concellería de Igualdade.

Durante case dúas horas de reunión, todas as persoas integrantes da Mesa tomaron a palabra para informar e compartir experiencias sobre as distintas actuacións levadas a cabo pola súa entidade no ámbito municipal de Lousame. Así mesmo, Silvia Agrafojo aproveitou para dar conta das actuacións que está a desenvolver o Concello de Lousame en materia de igualdade, así como para adiantar algunhas das actividades programadas para as vindeiras semanas co gallo da conmemoración do 25N.

Neste sentido, presentou ás integrantes da Mesa a campaña Eu digo non á violencia de xénero, que a administración local vai poñer en marcha para sensibilizar á poboación xeral sobre esta lacra que neste ano 2022 xa suma 38 mulleres asasinadas, que deixan 26 orfos e orfas, e 2 menores asasinados. m. c.

11 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.