Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Retomaranse as actividades lúdicas, culturais, deportivas e de natureza // Este ano recollen novidades como unha travesía en Barco Dragón organizada pola Escola de Piragüismo de Outes // Están dirixidos a nenos de 6 a 14 anos TEXTO María Cano

Lousame vai reanudar os seus campamentos con cen prazas

Achégase o verán e, con el, as vacacións escolares, incrementándose os problemas de conciliación. Coñecedores diso, dende as administracións municipais organizan os campamentos de verán para entreter á rapazada con múltiples actividades de ocio e, ao mesmo tempo, facilitar a compaxinación da vida familiar e laboral aos proxenitores.

Un dos que recupera a normalidad nos seus campamentos é o Concello de Lousame, que ofertan 100 prazas dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos de idade. O proceso de preinscrición estará aberto ata o 17 de xuño para veciños e veciñas, e do 18 ao 30 de xuño para persoas non empadroadas no municipio. As iniciativas desenvolveranse do 11 ao 15 de xullo, en horario de 9.30 a 20.00 horas, “con posibilidade de recoller á crianza antes no caso de que a familia así o necesite e xustifique”, puntualizou a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

Neste sentido, o Concello de Lousame quedará con dúas cousas positivas da pandemia: o sistema de reserva de praza a través de bandoticket.com e a forma de chegar e recoller ás crianzas no polideportivo Pilar Barreiro Senra. “Para evitar atascos, manteremos a dirección única de forma que as familias chegarán por diante da piscina e sairán cara o colexio despois de deixar ou recoller á crianza”, explicou Eduardo Agraso, técnico de Cultura.

Asemade, retomaranse as actividades lúdicas, culturais, deportivas e de natureza que tanto éxito tiveron en pasadas edicións como as saídas á piscina, a excursión ao Aquapark de Cerceda, os inchables, tiro con arco, festa da escuma, holy race, a velada nocturna, zumba ou a gran festa acuática de despedida.

O técnico de Deportes, Germán Romero, foi o encargado de presentar a novidade dos campamentos deste ano: o Barco Dragón. “Unha actividade nova para toda a rapazada e que é totalmente inclusiva, pois todas as persoas que participan teñen a mesma responsabilidade”, sinalou. A actividade está organizada pola Escola de Piragüismo de Outes, en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo. Así, a rapazada desprazarase ata as instalacións da escola en Outes e farán un percorrido ata a Ponte de Ceilán en grupos de 20 ou 30 pequenos.

Outra actividade estrela da programación será a volta a Lousame do inchable máis longo de Galicia, o Desafío Shinobi. Máis de 130 metros de inchables pensados como unha proba de obstáculos con escalada e saltos que combina potencia física con habilidade.

Dende o Concello tamén destacaron o labor do voluntariado xuvenil nos Campamentos de Verán.

Alternativas en O Son para
un verán máis conciliador

··· O Concello sonense presentou este martes o programa gratuíto Son Concilia 2022. Así, a maiores da tradicional Movida Urbana, ofertan distintas opcións para un verán máis conciliador.

··· Tres novas alternativas para as familias do municipio: Campamentos Son Concilia na localidade sonense do 1 oa 8 de xullo e do 19 de agosto ao 7 de setembro, en horario de mañá, de 8.30 a 14.00 horas; Madrugadores da Movida Urbana, en O Son, Xuño e Portosín, para os nenos que asistan a este campamento de verán; e venres complementarios a dita iniciativa -que se desenvolve de luns a xoves-, en Porto do Son os días 15, 22 e 29 de xullo e 5 e 12 de agosto.

··· As actividades están dirixidas a rapaces con idades comprendidas entre os 3 (escolarizados) e os 12 anos. Os requisitos e toda a información ao respecto na área de Benestar Social ou no 981 867 414.

15 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.