Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 19 octubre 2021
15:10
h

Malestar das alumnas do IES Virxe do Mar pola falta de dereito á folga

NOIA. As alumnas do IES Virxe do Mar de Noia amosaron onte o seu descontento co proceder do centro na organización do Día Internacional da Muller. Segundo sinalaron a través dun comunicado, a falta de información sobre o procedemento que se ía seguir na reunión na que foron convocadas as delegadas para decidir se o alumnado ía poder exercer o seu dereito á folga, levounas a abandonar a sala antes de tempo dando por feito que xa se aprobara. Denuncian que ante o malentendido non se reunira de novo a todas para que se producira a votación pertinente. “Este día significa a loita diaria de todas as mulleres que temos que vivir na nosa propia pel a sociedade machista na que vivimos. Nada nin ninguén vai conseguir o noso silencio”, afirman. Por todo, piden que a dirección do IES “asuma os seus erros e rectifique”. m. C.

09 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.