Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

María Canosa gaña o premio de literatura infantil Carlos Mosteiro

O libro que resultou galardoado plasma a historia dun rapaz con síndrome de Asperger

A Pobra. A quinta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro xa conta coa obra gañadora. O xurado decidiu que a distinción vaia parar a Teño un volcán dentro, de María Canosa. O seu nome súmase así á listaxe de galardoados das anteriores convocatorias: Patricia Mallo, con Os Fantom; Xosé Antonio Neira Cruz, con O enigma do baúl pechado; a terceira edición quedou sen adxudicar ao estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; e repetiu novamente Xosé Antonio Neira Cruz con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos.

O xurado composto por Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia; Xosé Antonio Neira Cruz, escritor; e Encarna Pego, mestra e socia da A. C. Barbantia, destacou a heteroxeneidade dos preto de 40 orixinais presentados. O libro galardoado plasma a historia dun rapaz con síndrome de Asperger que chega a un novo centro educativo e narra o seu proceso de integración, ademais da adaptación do seu entorno próximo.

Adiantaron tamén que as bases da próxima convocatoria introducirán novidades como reducir o rango de idade do público receptor dos relatos a de 8 a 12 anos.

O premio supón unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de exemplares entre a rapazada pobrense. Convocado polo Concello da Pobra xunto coa editorial e a entidade cultural xa sinaladas, dito certame constitúe un referente no panorama galego. m. c.

02 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.