Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mariñeiros e armadores da pesca do arrastre de Ribeira fórmanse en riscos laborais

RIBEIRA. A Cooperativa do Mar Santa Eugenia, de Ribeira, organizou outra xornada de formación en riscos laborais para os armadores, mariñeiros e todo o persoal relacionado coa pesca do arrastre e que forma parte de dita organización. As clases (ás que asistiron unha vintena de persoas do sector) foron impartidas por Eva Calvo, de Mar Seguro, e estiveron centradas na obriga da formación en prevención de riscos laborais, un repaso polos conceptos preventivos, a aplicación, modalidades preventivas, obrigas e centros de traballo, máquinas e sinalización, etc. Calvo explicou que, en moitos casos, os accidentes a bordo débese a condicións inseguras (como barcos en mal estado ou mala sinalización) ou a actos inseguros, como non usar Equipos de Protección Individual (EPI’s) ou desobedecer instrucións de seguridade. Suso souto

23 dic 2022 / 13:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.