Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellora da accesibilidade na contorna da Pescantina

A Pobra. A concellaría de Mobilidade da Pobra do Caramiñal continúa a realizar actuacións coas cales garantir a accesibilidade universal na localidade. Agora, as obras concéntranse na proximidade do paseo dos Areos; concretamente, onda a escultura da Pescantina.

O concelleiro Xabier Santos, acompañado da súa homóloga dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, explicou este luns que os traballos consisten na eliminación dun pequeno carril de circulación entre as rúas Castelao e Anxo Rei Ballesteros para a ampliación da beirarrúa existente e a creación dun paso peonil elevado que conecta co paseo, para deixar toda esa zona a un mesmo nivel con pavimento de terrazo en relevo. O devandito paso peonil contará tamén con iluminación vertical e horizontal.

Segundo apuntou o concelleiro de Mobilidade da Pobra, “esta intervención suporá a supresión dun único estacionamento para incrementar o espazo de acceso á praza para persoas con mobilidade reducida”. As obras comportan un investimento de 30.739 euros, IVE incluído, con cargo ás arcas municipais. Está a ser executada pola empresa Excavaciones Nima e prevese que remate a finais de mes. m. cano

07 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.