Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mellora para a vía de San Francisco a San Breixo

NOIA. A Deputación da Coruña financia a renovación da estrada que vai de A Ponte de San Francisco a San Breixo, en Noia. O ente provincial, que preside Valentín González, apoia ao Concello a través do Plan Único, que financia o 100 % do custo total do proxecto, 149.363 euros. A iniciativa permitirá limpar esta estrada, que se atopa na parroquia de Santa María de Argalo, así como levar a cabo o seu bacheo e pavimentación con aglomerado de cinco centímetros. Ademais, tamén se levantarán as actuais tapas de rexistro e as reixas de sumidoiro. Estas tarefas darán solución ao mal estado no que se atopa actualmente a plataforma debido ao paso dos anos e o tránsito rodado. m.c.

25 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.