Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloran a seguridade viaria na rúa Coruña

noia. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, asinaron este venres o convenio para financiar o proxecto para a mellora da seguridade viaria na rúa Coruña, un dos principais accesos ao municipio. A actuación, que está valorada en 84.527 euros, dos que a Deputación aportará 67.621 euros, o 80 % do orzamento, permitirá mellorar a seguridade de vehículos e peóns nunha rúa interior do casco urbano de Noia que é moi utilizada, xa que, por unha banda, conta cunha elevada actividade comercial e, pola outra, une as vías AC-550 e AC-311. Segundo indicaron dende a institución provincial, os traballos a levar a cabo incluirán, ademais da renovación do firme e da reposición da sinalización horizontal que actualmente está practicamente borrada, a reubicación de dous pasos de peóns que, pola pouca visibilidade que teñen, ofrecen certo risco para o paso das persoas maiores. m. c.

22 abr 2022 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.