Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Misela prestou servizo a 65 nenos no programa de atención temperá

Noia. A Asociación Misela desenvolveu un ano máis o seu Programa de Atención Temperá e Discapacidade Infantil, dentro do servizo da entidade que conta con máis usuarios, o EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá). No mesmo participaron durante o 2021 un total de 65 nenos e nenas e as súas familias.

O programa está dirixido a ofrecer unha atención global e especializada tanto ó neno con discapacidade ou risco de desenvolvela como á súa familia, potenciando o seu desenvolvemento e favorecendo a participación activa no entorno. Inclúe atención individualizada de fisioterapia, terapia ocupacional e psicoloxía, atención ás familias e coordinación co entorno.

Para poder levalo a cabo, segundo indicaron dende Misela, o servizo contou cun cofinanciamento de 40.000 euros obtido a través da Xunta de Galicia, derivado dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda, que proceden das persoas contribuíntes que marcaron a X Solidaria, é dicir, o cadro de Actividades de interese xeral consideradas de interese social. Esta subvención é xestionada dende Cogami, da que Misela forma parte.

“Este servizo resulta fundamental para os nenos, nenas e adolescentes das comarcas de Noia e Muros que precisan apoio no seu desenvolvemento persoal e social, así como para as súas familias, que ven cuberta a necesidade de dispor dun recurso especializado, próximo e accesible”, afirman dende o colectivo. m. c.

18 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.