Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Modifican a xestión do aparcamento da rúa Xuíz Falcone

NOIA. A Marea Cidadá de Noia vén de anunciar, logo de negociar co resto de grupos, a progresiva modificación do modelo de xestión do aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone, que terá a maioría das súas prazas abertas para uso público. Dende a citada formación consideraban que o alugueiro era “enormemente ineficaz e ineficiente, alén de supoñer a privatización dunha estrutura pagada polo conxunto da veciñanza”. Segundo explican, “a transición farase en dúas fases”. Na primeira, a metade das prazas da planta -1 pasarán a ser de uso aberto con limitación temporal e, na segunda, a medida que vaian caducando as concesións de alugueiro, sucederá exactamente o mesmo. m. c.

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.