Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Este territorio de Lousame opta ao recoñecemento como zona OECM pola ONU // As parcelas foron adquiridas co apoio da Deputación TEXTO Marta Torres

Montescola crea a área conservada Portelo da Devesa

A Fundación Montescola vén de crear en Lousame a área conservada do Portelo da Devesa, segundo indican, o primeiro territorio de todo o Estado que opta ao recoñecemento polas Nacións Unidas e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza como Área OECM.

Montescola deu este paso logo de adquirir varias parcelas contiguas para a custodia do territorio, as dúas últimas co apoio da Deputación da Coruña mediante o seu Programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente. A área conservada ten algo menos dunha hectárea, contigua ao monte veciñal de Froxán, xa recoñecido pola ONU en 2017 e irá ampliándose nos próximos meses con novas adquisicións.

Toda a zona, que tiña un bosque de ribeira ben conservado, ardeu en 2006 nun gran incendio, inzándose de eucalipto e acacia na última década e media. Mesmo así, a presenza de antigas labores mineiras fai que existan varios refuxios de quirópteros, incluíndo morcegos de ferradura que forman parte do Catálogo galego de especies ameazadas. Nas parcelas adquiridas recentemente existe unha poboación destes morcegos, que agora será protexida.

Dende Montescola apuntaron que nas últimas semanas acometeron diversas intervencións para eliminar completamente os eucaliptos e acacias do Portelo da Devesa, a última na semana pasada en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia. Nos próximos meses continuarán co traballo de restauración ambiental consolidando o rexenerado natural e voltando introducir especies de ribeira.

28 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.