Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mostran as comunidades de montes o seu rechazo ao Plan Forestal

Na asamblea anual, celebrada en O Son, acordaron continuar coas mobilizacións

Porto do Son. A Organización Galega de Comunidades de Montes celebrou o pasado sábado na casa da cultura de Porto do Son a súa asemblea anual, á que acudiron representantes de todo o país. Na reunión, ademais de tratarse temas internos organizativos, fíxose un chamamento a todas as comunidades para organizarse contra o novo Plan Forestal aprobado polo goberno galego, o cal “permite a enaxenación da xestión dos montes comunais para entregarllos a intereses privados”, indicaron ao respecto.

Este foi o punto do día que xenerou máis intervencións. Todos os delegados dos montes comunais coincidiron “en que o Plan Forestal aprobado en solitario polo Partido Popular carece de consenso social, fai unha diagnose ficticia da situación do monte galego, fomenta o monocultivo de especies invasoras, promove a forestación de terras agrarias, non atalla a problemática dos incendios forestais, agrava a situación de abandono do rural e alenta a desaparación dos montes veciñais en man común”. Por todo, continuarán coas mobilizacións para expresar o seu rexeitamento.

Ademais, outros acordos destacados acadados na asamblea foron a comisión organizativa do VII Congreso de Comunidades de Montes, a celebrar dentro de dous anos, e a celebración da IV xuntanza internacional de terras comunitarias.

Por último, trataron a problemática da invasión ilegal de vehículos motorizados nos terreos dos montes veciñais, os danos que causan e as posibles solucións. m. c.

23 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.