Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Multitudinaria procesión en Santa Uxía no marco das festas patronais

RIBEIRA. A choiva anunciada para este luns polos partes meteorolóxicos ofreceu unha tregua que permitiu que a procesión na honra de Santa Uxía, patroa da cidade de Ribeira, poidera saír ás rúas despois de oficiarse a misa solemne, unha cerimonia que finalmente se celebrou no interior do templo parroquial e non no adro como estaba inicialmente programado. Entre as autoridades presentes figuraban o alcalde, Manuel Ruiz, e outros representantes da Corporación local, así como os patróns maiores das confrarías de Ribeira, José Antonio Pérez Sieira, e de Aguiño, José Antonio Santamaría, os xefes da Policía Nacional e da Policía Local, membros da estación EVA-10 ou os presidentes da patronal, Francisco Martínez, e da Asociación de Amas de Casa, Puri Cores. Contou co acompañamento da Banda de Música de Lousame. S. S.

12 sep 2022 / 17:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.