Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A fábrica de Sel acolle a mostra ‘Artcycling co lixo do mar’, composta por creacións elaboradas a partir de refugallos recollidos no litoral // A Xunta destaca que os profesionais son aliados esenciais para garantir a sustentabilidade TEXTO M. Torres

Muros e O Pindo, dúas confrarías comprometidas co medio mariño

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou este venres na inauguración da exposición Artcycling co lixo do mar, elaborada con creacións a partir de refugallos recollidos na costa, onde salientou o compromiso e a implicación constante de confrarías como as de Muros e O Pindo (Carnota) no coidado do mar mediante distintas accións como a retirada dos residuos que os seus profesionais atopan no litoral.

A exposición forma parte do proxecto de recollida de lixo mariño aprobado ás dúas entidades no marco do Plan Marlimpo da Xunta e que conta cun apoio próximo aos 150.000 euros para accións a desenvolver entre os anos 2021 e 2023. De feito, a mostra está composta por pezas elaboradas pola asociación Mar de Fábula empregando como base os refugallos recollidos polos profesionais do marisqueo a pé na costa das súas zonas de influencia.

Durante a súa intervención, a titular do Mar animou ao conxunto do sector marítimo-pesqueiro a seguir apostando por este tipo de iniciativas que xa lle valeron a Galicia distintos recoñecementos internacionais. De feito, o Parlamento Europeo puxo en marzo do ano pasado o Plan Marlimpo e o proxecto CleanAtlantic como exemplos de boas prácticas ao converterse os profesionais do mar en aliados esenciais para garantir a sustentabilidade dos recursos mariños da comunidade.

A representante do Executivo autonómico, que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, lembrou que Galicia realizou en 2020 a primeira convocatoria de axudas para a recollida de lixo mariño por parte dos pescadores e mariscadores e que nas primeiras dúas convocatorias se aprobaron un total de trece proxectos cun importe de axuda próximo aos 620.000 euros. Entre os anos 2020 e 2021 as accións desenvolvidas permitiron retirar da costa preto de 120 toneladas de residuos coa participación de máis de cincocentas persoas.

A estes resultados haberá que sumar os dos proxectos aprobados na convocatoria de 2021 que teñen continuidade en 2022 e os das iniciativas que se desenvolvan ao abeiro da convocatoria deste ano, que conta cun orzamento dun millón de euros a repartir entre o presente exercicio (600.000 euros) e 2023 (400.000 €).

Cómpre informar que a exposición Artcycling co lixo do mar, que se pode visitar durante o mes de xullo en horario de mañá na antiga fábrica de Sel, está composta por pezas elaboradas pola asociación Mar de Fábula a base de refugallos atopados no litoral. Indicar que para vela é preciso concertar cita previa coa confraría de pescadores de Muros e inclúe unha visita guiada de arredor de media hora cun máximo de trinta persoas en cada unha delas.

vertidos cero. Por outra banda, recordar que a Asociación Vertidos Cero, encargada de coordinar as accións relacionadas coa recollida de lixo do fondo mariño no proxecto Mares Circulares, impulsado por Coca-Cola coa colaboración do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, creou uns distintivos co obxectivo de recoñecer a implicación dos pescadores, que foron entregados fai uns meses no porto de Muros á confraría e á embarcación Meira da Costa.

A PROTAGONISTA
Máis do 60 % dos plans inclúen estas accións
Rosa Quintana
Conselleira do Mar

Durante a súa visita a Muros, a conselleira subliñou que outra boa mostra da implicación do sector marisqueiro galego na loita contra o lixo mariño é que máis do 60 % dos plans de xestión de recursos marisqueiros aprobados para o período 2021-2023 e preto do 70 % dos plans de xestión de recursos específicos para o período 2022-2024 inclúen este tipo de accións nos seus obxectivos a tres anos. Por iso, Rosa Quintana puxo en valor o traballo do sector do mar na protección dos ecosistemas mariños e na concienciación da cidadanía sobre a importancia de coidalos para garantir o futuro das vindeiras xeracións.

Sen saír da comarca, cómpre destacar a implicación do pósito noiés co coidado do medio mariño. O proxecto posto en marcha pola entidade mariñeira, Econoia III, vén de ser aprobado pola Consellería do Mar.

{ blanco o negro }
Educación ambiental
Marta Torres

Los residuos plásticos llegan de diversas formas a los océanos, ya sea desde tierra o desde las embarcaciones, viajando luego por el mar y afectando a una gran diversidad de especies. Durante muchos años, los profesionales fueron señalados por sus malas prácticas, que afectaban directamente a su modo de vida. Pero lo cierto es que, a día de hoy, marineros y mariscadores demuestran que están concienciados sobre el problema que existe y tratan de frenar la contaminación sumando cada grano de arena que está a su alcance. Así, este tipo de proyectos que apoya la Xunta son fundamentales, aunque no suficientes. Debemos buscar el modo de reducir la producción de basura. No sobran campañas de educación ambiental.

16 jul 2022 / 20:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.