Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 28 septiembre 2022
15:19
h

Música e malabares de balde no Cantón da Leña

A Pobra. As propostas culturais para este verán dirixidas ao público familiar darán comezo nesta mesma semana na Pobra do Caramiñal. Guagua Teatro estreará o cartel este martes con Cantabaila. Imos de festa co obxectivo de pasar un tempo divertido en familia a través de animación con base musical e teatral.

Xa o xoves 14, Fran Boza achegará o seu espectáculo de gran calidade técnica baseado nos malabares e no circo clásico chamado Malabarabilidades. Ámbalas citas serán ás 20.30 horas, no Cantón da Leña. A programación consta dun total de 14 actividades de balde que se repartirán ao longo do verán. m. c.

11 jul 2022 / 19:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.