Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Música e teatro na axenda cultural de Noia para esta fin de semana

Conmemorarán o 17 de maio con ofrenda floral, varios espectáculos e actuación da banda

Noia. Desde a área de Cultura do Concello de Noia avanzaron as actividades culturais programadas para esta fin de semana. O día 14 de maio, ás 20.30 horas, a compañía Elefante Elegante, pisará o escenario do teatro Coliseo Noela coa obra Dreaming Juliet, versión inspirada na obra de Romeo e Xulieta. A representación está incluída no programa Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic.

Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tivesen morto.

A obra ten unha duración de 75 minutos. A entrada custa 4,50 euros tarifa normal e 3,60 € para o colectivo de xubilados e estudantes. Os interesados poden adquirilas en Ataquilla.com ou no mesmo día da representación na taquilla do teatro dende as 19.30 ata as 20.15 horas.

Ao día seguinte nesta mesma ubicación, ás 20.00 horas, terá lugar o concerto do grupo Taburete en acústico.

Xa no marco da programación prevista para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán, haberá a partir das 12.00 h. na Alameda, os seguintes actos: ao mediodía ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés de Taramancos e María Mariño; seguiralle a intervención do artista Serafín Marcos co espectáculo Coa ledicia de voltar, onde lembrará ao escritor homenaxeado, e da Escola de Danza Oitos, que representará O nacemento duns versos.

A xornada rematará ás 13.00 horas co concerto da Banda de música cultural Vila de Noia. m. cano

09 may 2022 / 20:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.