Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Negativa do PP á adquisición da fábrica do grupo Calvo en Esteiro

Muros. “Hai que ter as luces moi curtas para non ver que as instalacións de Calvo en Esteiro son unha oportunidade para o sector pesqueiro e marisqueiro da comarca de Muros-Noia”. Así lamentou a portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, o voto negativo do PP e a abstención do PSOE á iniciativa do BNG no Parlamento galego para que a Xunta inicie conversas co grupo Calvo co obxectivo de facerse coa propiedade da nave e destinala a proxectos de

desenvolvemento de actividades relacionadas coa pesca e o marisqueo.

“É unha mágoa que vostedes non se dean conta das posibilidades que ofrecen estas instalacións para o sector; é claramente unha oportunidade perdida”, reprochou logo de indicar que o seu prezo, dun millón de euros logo da poxa que vén de declararse deserta, “é dun valor pequeno ante as posibilidades que ofrecen para desenvolver iniciativas de gran interese relacionadas cun sector que, a día de hoxe, sostén miles de

empregos na comarca”, dixo.

Así, entre as posibles utilidades que podería ter o complexo –que abrangue unha superficie de case 19.000 m2 ao lado do mar– Pérez apuntou, por exemplo, á creación dunha cooperativa de transformación do produto que poña en valor a súa orixe, coa participación das confrarías da zona e dos concellos. Tamén explicou que as instalacións poderían dar cabida a equipamentos tan necesarios como unha depuradora de moluscos, un criadeiro de semente ou a un laboratorio. m. c.

15 feb 2022 / 20:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.