Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nenos de Muros trocan o volante da carrilana de madeira polo kart

Muros. A asociación Esteirana de Carrilanas informou onte de que pon en marcha un novo proxecto para este 2021 no Campionato Galego de Karting. Coa apertura dunha escola de pilotos, tratará de apoiar ó deporte base municipal nas categorías de iniciación ao automobilismo.

“O karting representa unha modalidade que encaixa á perfección cos valores que a asociación das carrilanas pretende implementar nas súas actividades. Unha competición na que nenos e nenas acoden en familia aos circuítos da xeografía galega practicando un deporte alternativo aos tradicionais”, afirmaron.

Unha aposta innovadora pola canteira e, sinalan, “un activo de gran valor municipal e provincial que agardamos poida medrar”. Pablo Molinos Buján será o primeiro piloto esteirán que con once anos de idade trocará o volante de madeira da súa carrilana polo do seu kart da categoría cadete. m. c.

16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.