Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nenos do Ricardo Tobío recopilan as receitas do Camiño de Muros-Noia

MUROS. O CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) vén de presentar a

revista Receitas do Camiño, elaborada polo alumnado de 2º de Educación Primaria do centro escolar, xunto coa súa profesora Micaela, quen agradeceu a implicación das familias dos escolares. Ademais, na recompilación das receitas típicas de cada municipio colaboraron tamén os concellos, os chefs dos restaurantes e persoas a título persoal. Na publicación pódense atopar especialidades coma a tortilla romana de Muros, os pipións de Outes ou a empanada de millo de berberechos de Noia. Esta revista, que consta de 56 páxinas, forma parte do proxecto Un camiño de auga e sal que se desenvolveu durante este curso en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño. En representación deles asistiu a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo Romero. m. c.

22 jun 2022 / 19:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.